
BateaSon26
Concurso de bandas

Que é o BateaSon?
O BateaSon é un certame de bandas que nace da paixón pola música e da vontade de apoiar ás bandas emerxentes do panorama galego. Pretende dar visibilidade e difundir o traballo destes novos creadores.
BateaSon nace coma unha iniciativa do CIFP Audiovisual de Vigo para promover a música galega e apoiar ás bandas emerxentes da rexión.
Dende entón, traballamos para dar a coñecer novos talentos e crear un espazo de visibilidade e difusión para a escena musical galega. Ao longo destas catro edicións pasadas, contamos coa participación de numerosas agrupacións. Nesta quinta, seguiremos traballando para ofrecer un certame de calidade, poder acadar os obxectivos e ofrecer ás bandas participantes todo o prometido.
